Páxinas

19 novembro 2022

Texto para comentar 1

Actividades

1. Ler o texto de forma "superficial" para captar o seu contido.

2. Escribir ou suliñar aquelas palabras que non entendemos.

3. Buscar o seu significado nun dicionario e buscar un sinónimo e un antónimo se houber.

Volve ler o texto ás veces que o precises para contestar as preguntas seguintes:

4. Localizar palabras:

4.1. Nomes comúns e propios 

4.2. Nomes concretos e abstractos

4.3. Palabras polisémicas

4.4. Artigos definidos e indefinidos

4.5. Contraccións

4.6. Punto e seguido, punto e á parte e punto final. 

4.7. Palabras con letra maiúscula. Explicar por que a levan.

4.8. Hai signos de interrogación e exclamación?

Para que se usan no texto?

5. Cantos parágrafos ten o texto?

6. Escribe unha oración do texto e suliña o suxeito e o predicado.

7. Poderías resumir coas túas palabras o texto?

8. Indica se é un texto literario ( conto, poema, teatro) ou non literario ( descrición, noticia...)

Explica por que o sabes.

9. Escribe a túa opinión persoal sobre o texto: se che gustou ou non, o que aprendiches, se cambiarías algo, se viviches ti algo parecido, etc.

10. Finalmente podes facer un debuxo que teña que ver co que liches.












Ningún comentario:

Publicar un comentario