Páxinas

10 xaneiro 2022

LINGUA GALEGA. VOCABULARIO. A COCIÑA

 1. Observa a imaxe desta cociña e sitúa nela as palabras da listaxe.






2. Que palabra corresponde a cada definición?



1. Recipiente, utensilio ou máquina para facer o café. Recipiente en que se serve o café.
2.  Instrumento que se emprega para dividir en anacos moi pequenos [unha cousa], mesmo ata facela po. 
3. Electrodoméstico que consta dun recipiente fondo con tampa e un escoadoiro de arame, que serve para frixir alimentos en abundante aceite.
4. Utensilio provisto dunha tea ou dunha lámina de arames, con pequenos furados, que serve para coar líquidos.
5. Instrumento de boca ancha, que se vai estreitando ata rematar nun tubo, que se emprega para verter líquidos en recipientes de boca estreita.
6. Aparello para espremer laranxas, limóns ou froitos semellantes e extraerlles o zume.
7.Utensilio de cociña, manual ou eléctrico, para mesturar e bater ovos, masas e outros alimentos.
8. Pequeno electrodoméstico para torrar rebandas de pan.
9. Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos.
10. Pota máis larga ca alta, de barro ou de metal e con dúas asas.
11.Recipiente de cociña con mango, xeralmente con bico, que se utiliza para cociñar ou quentar líquidos e alimentos. 
12. Recipiente de forma redonda, xeralmente de barro e coa boca ancha, usado para cociñar. Sin.: pota

3. Ponlle nome a cada imaxe.







MATEMÁTICAS. TEMA 6. NÚMEROS DECIMALES

Lo que hay que aprender del Tema 6