Páxinas

19 novembro 2022

COMENTARIO DUNHA IMAXE

A seguinte imaxe representa unha escena da vida cotiá dun rapaz coma vós e aínda que semella ser moi antiga, veredes que hai cousas nela que nunca pasan de moda.

Observa con calma a imaxe. É un pequeno cadro ao óleo pintado por un artista francés... hai máis de 300 anos!


Imos falar sobre esta escena.

1. Cantos personaxes aparecen?

2. Quen son?

3. Onde están?

4. Que están facendo?

5. Que idade teñen?

6. Cal é o seu traballo?

7. Escribe unha ou dúas emocións para cada personaxe.

8. Que obxectos aparecen no cadro? Escribe unha calidade usando adxectivos. 

Ex. : butaca grande e vermella 

9. Por que algúns obxectos están no chan?

10. Por que a porta que está ao fondo está aberta?

11. Que emocións che provoca a ti esta escena?

12. Ponlle un título.

13. Escribe un posible diálogo entre os personaxes . Non esquezas usar a raia de diálogo, signos de interrogación e exclamación, maiúsculas e unha correcta ortografía e boa presentación.





Ningún comentario:

Publicar un comentario