Páxinas

13 outubro 2022

Da realidade á maqueta e ao plano

 Para entender o complexo mundo da elaboración dos mapas, aprendimos como se pode facer un proxecto sobre este tema usando material de refugallo.

Unha caixa de cartón e pequenos envases serven para construír a maqueta dun cuarto. Ademais de pegamento, tesoiras, papeis diferentes e moita ilusión para emprender este proxecto.

Logo, repasamos o espazo que ocupan os mobles sobre un papel colocado no chan da maqueta e...sorpresa! Temos xa o plano do cuarto.

Anímaste a facer algo parecido?

Os traballos serán obxecto de exposición e publicación no blogue.



Proximamente veremos o plano do cuarto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario