Páxinas

29 setembro 2021

COMPRENSIÓN LECTORA: A COMUNICACIÓN

Volve ler o texo sobre a comunicación e responde por escrito a estas preguntas.

 


A comunicación


O dicionario da RAG define  “comunicar” como

 “Poñerse en relación un individuo cos demais para intercambiar información 

por medio dalgún código de signos”

Polo tanto,  a comunicación non é exclusiva dos seres humanos, 

pode darse tamén entre animais ou incluso entre humanos e animais.

Podemos transmitir información a través da mirada, determinados acenos...

 ou incluso de maneira involuntaria (pois os nosos propios actos din moito sobre nós). 

Mais a maior parte da información recibímola e emitímola a través dun sistema exclusivo da nosa especie:  a linguaxe.

Cando nos comunicamos usando métodos diferentes da linguaxe dicimos que usamos un código non verbal; 

 mais cando a comunicación se produce a través da linguaxe estamos a usar un código verbal.

O código non verbal é aquel que utilizamos cando nos comunicamos sen empregar o idioma. 

Neste caso podemos usar outros elementos relacionados coa lingua (a entoación, a vocalización, as repeticións... )

ou totalmente alleos a ela (a mirada, a maneira de vestirnos, o lugar onde nos colocamos, imaxes...).  

O código verbal o utilizamos cando nos comunicamos a través dun idioma usando unidades lingüísticas 

(palabras que unimos para elaborar textos).

 Á súa vez o código verbal podemos empregalo de dous xeitos, dependendo do sentido 

co que percibamos a mensaxe: a lingua oral e a lingua escrita.

 

  1. Escribe o significado da palabra “comunicación”.

     

Poñerse en relación un individuo cos demais para intercambiar 

información por medio dalgún código de signos”


  1. Escribe un exemplo de comunicación entre:


  1. dous animais: CANDO UN GATO MIAÑA, OS BAILES DAS ABELLAS


  1. dúas persoas: CANDA FALAMOS, CANDO NOS MIRAMOS, OS SINAIS DE TRÁFICO


  1. un animal e unha persoa: CANDO O CAN OBEDECE A UN ASUBÍO OU DICIMOS O SEU NOME



3. Escribe as súas formas que usamos para nos comunicar.

A LINGUAXE VERBAL E A LINGUAXE NON VERBAL 


4. Que sistema de comunicación é exclusivo dos seres humanos?

A LINGUAXE

5. Escribe un exemplo de comunicación verbal.

Cando preguntamos algo, cando contamos algo falando ou escribindo, etc.

6. Escribe un exemplo de comunicación non verbal.

Cando usamos frechas, debuxos, cando poñpemos o dedo diante da boca para que a outra persoa cale ou cando levantamos a man para poder falar.

7. Escribe unha norma que debemos usar para facilitar a comunicación entre as persoas.


Esperar a que a outra persoa remate de falar. Usar unha lingua que entendan as persoas que se comunican.

8. Escribe se os seguintes exemplos corrresponden a comunicación verbal ou comunicación non verbal.


  1. Falar por teléfono. Verbal

  2. Buscar o significado dunha palabra no dicionario. Verbal

  3. O semáforo ponse en verde.Non verbal

  4. Soa o timbre da porta da casa. Non verbal

  5. Escribir un correo electrónico. Verbal

  6. Sinalar un obxecto. Non verbal

  7. Mover a cabeza para dicir non. Non verbal


9. Fai un listado coas palabras que consideres máis importantes para entender ben o texto.


comunicación, código verbal, código non verbal, linguaxe, lingua escrita, lingua oral

10. Cal cres que é a idea principal do texto? Arrodea.

  1. Os animais comunícanse.

  2. A comunicación serve para transmitir información e pode ser de varios tipos.

  3. A comunicación verbal é moi importante.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario