Páxinas

15 outubro 2022

Los números ordinales




Para aprender los números ordinales publico este enlace en donde se explica lo qué son, cómo se escriben, etc.

Tiene actividades para practicar.

¡Ánimo!

Números ordinales 



14 outubro 2022

FICHAS PARA REFORZAR A ATENCIÓN

Na seguinte ligazón podedes atopar fichas para imprimir e poder traballar aspectos como a atención, a concentración, o rastro visual, etc. 
Tamén son un excelente medio para usar como pasatempos.


26 setembro 2022

26 de setembro. Día Europeo das Linguas

Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.


MAPA DAS LINGUAS EUROPEAS


Algunas de las lenguas de Europa. Indoeuropeos: Gamas de verde: Lenguas germánicas y bálticas. Gamas de azul y violeta: Lenguas itálicas o romances. Gamas de rojo y naranja: Lenguas eslavas. Gamas de amarillo: Lenguas celtasGrupo aislado: Gamas de marrón: Lenguas urálicasOtras lenguas: Euskeraalbanés y griego.


Este autobús levaranos a coñecer as palabras en castelán, euskera, catalán, portugués e inglés.
Actividade proposta polo Equipo de Biblioteca Escolar 
Relación cos ODS:

18 setembro 2022

OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

 https://fondogalego.gal/ods/


Os Estados membros da ONU adoptaron a finais de 2015 os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible co fin de erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas nun prazo de quince anos, de aí que tamén se lles coñeza como Axenda 2030.




ODS 1: Fin da pobreza

Pórlle fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo.

ODS 2: Fame cero

Pórlle fin á fame.


ODS 3: Saúde e benestar

Garantir unha vida sa e promover o benestar para todas as persoas en todas as idades.


ODS 4: Educación de calidade

Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas.


ODS 5: Igualdade de xénero

Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.


ODS 6: Auga limpa e saneamento

Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todas as persoas.

ODS 07: Enerxía asequible e non contaminante

Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para toda a poboación.


ODS 8: Traballo decente e crecemento económico

Promover o crecemento económico inclusivo e sustentable, o emprego e o traballo decente para todas as persoas.


ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura

Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización sustentable e fomentar a innovación.


ODS 10: Redución das desigualdades

Reducir a desigualdade en e entre os países.


ODS 11: Cidades e comunidades sostibles

Lograr que as cidades sexan máis inclusivas, seguras, resilientes e sustentables.


ODS 12: Produción e consumo responsables

Garantir modalidades de consumo e produción sustentables.


ODS 13: Acción polo clima

Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.


ODS 14: Vida submarina

Conservar e utilizar de forma sustentable os océanos, os mares e os recursos mariños.


ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres

Xestionar de maneira sustentable os bosques, loitar contra a desertización, deter e inverter a degradación das terras e deter a perda de diversidade.


ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas

Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.


ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos

Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.