Páxinas

04 febreiro 2025

Visita a "La Voz de Galicia"

 O martes, 4 de febreiro de 2025, o alumnado de terceiro A e B, xunto cos seus mestres, visitaron as instalacións do xornal en Sabón (Arteixo).














A visita, que en todo momento estivo guiada por persoal do xornal, incluiu no percorrido a  sala de redacción, a sala de rotativas, o museo e outras dependencias que estimularon a aprendizaxe das crianzas desde a redacción das noticias ata a saída do xornal á rúa.  

Como agasallos, un caderno e o xornal de hoxe para cada un. Para o cole, un libro para aprender técnicas de expresión escrita.

Grazas, "La Voz de Galicia"!

Ningún comentario:

Publicar un comentario