Páxinas

24 setembro 2024

"Unha vella tiña un can..."

 Existen múltiples versións desta canción e conto tradicional, que á rapazada lle gusta por ser acumulativo.

Aquí presento unha versión, aínda que nós cantamos unha variante. 

Unha vella tiña un can debaixo da cama onde ela durmía.Cando a vella espertaba o can ladraba (guau guau) e a vella dicía:Malos raios te partan meu can, que mal agradeces o pan que che dan.
Unha vella tiña un gato debaixo da cama onde ela durmía.Cando a vella espertaba o gato miañaba (miau) o can ladraba e a vella dicíaMalos raios te partan meu can, que mal agradeces o pan que che dan.

O can ladraba guau guauO gato miañaba miauO galo cantaba kikirikíA vaca muaba muuuO burro orneaba iaaaaO lobo ouveaba auuuuu

Videoclip realizado pola rapazada no Museo do Pobo Galego na actividade 'Canta un conto, pinta un filme'. 9 de xullo de 2014. Conto: tradicional Música: Mamá Cabra



Ningún comentario:

Publicar un comentario