Páxinas

24 setembro 2021

A COMUNICACIÓN: LINGUA ORAL E LINGUA ESCRITA

A COMUNICACIÓN: LINGUA ORAL E LINGUA ESCRITA

A comunicación


O dicionario da RAG define  “comunicar” como “Poñerse en relación un individuo cos demais para intercambiar

información por medio dalgún código de signos”. Polo tanto,  a comunicación non é exclusiva dos seres humanos,

pode darse tamén entre animais ou incluso entre humanos e animais.

Podemos transmitir información a través da mirada, determinados acenos...

ou incluso de maneira involuntaria (pois os nosos propios actos din moito sobre nós).

Mais a maior parte da información recibímola e emitímola a través dun sistema exclusivo

da nosa especie:  a linguaxe.

Cando nos comunicamos usando métodos diferentes da linguaxe

dicimos que usamos un código non verbal; mais cando a comunicación se produce a través da linguaxe estamos a usar un código verbal.

O código non verbal é aquel que utilizamos cando nos comunicamos

sen empregar o idioma. Neste caso podemos usar outros elementos

relacionados coa lingua (a entoación, a vocalización, as repeticións... )

ou totalmente alleos a ela (a mirada, a maneira de vestirnos,

o lugar onde nos colocamos, imaxes...).  

O código verbal o utilizamos cando nos comunicamos a través dun idioma

usando unidades lingüísticas (palabras que unimos para elaborar textos).

Á súa vez o código verbal podemos empregalo de dous xeitos,

dependendo do sentido co que percibamos a mensaxe: a lingua oral e a lingua escrita.

 Captura de pantalla (9).pngCaptura de pantalla (10).png

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario