Os Estados membros da ONU adoptaron a finais de 2015 os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible co fin de erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas nun prazo de quince anos, de aí que tamén se lles coñeza como Axenda 2030.
ODS 1: Fin da pobreza
Pórlle fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo.
ODS 2: Fame cero
Pórlle fin á fame.
ODS 3: Saúde e benestar
Garantir unha vida sa e promover o benestar para todas as persoas en todas as idades.
ODS 4: Educación de calidade
Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas.
ODS 5: Igualdade de xénero
Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas.
ODS 6: Auga limpa e saneamento
Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todas as persoas.
ODS 07: Enerxía asequible e non contaminante
Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para toda a poboación.
ODS 8: Traballo decente e crecemento económico
Promover o crecemento económico inclusivo e sustentable, o emprego e o traballo decente para todas as persoas.
ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura
Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización sustentable e fomentar a innovación.
ODS 10: Redución das desigualdades
Reducir a desigualdade en e entre os países.
ODS 11: Cidades e comunidades sostibles
Lograr que as cidades sexan máis inclusivas, seguras, resilientes e sustentables.
ODS 12: Produción e consumo responsables
Garantir modalidades de consumo e produción sustentables.
ODS 13: Acción polo clima
Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
ODS 14: Vida submarina
Conservar e utilizar de forma sustentable os océanos, os mares e os recursos mariños.
ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres
Xestionar de maneira sustentable os bosques, loitar contra a desertización, deter e inverter a degradación das terras e deter a perda de diversidade.
ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas
Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas.
ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos
Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario