A COMUNICACIÓN: LINGUA ORAL E LINGUA ESCRITA
A comunicación
O dicionario da RAG define “comunicar” como “Poñerse en relación un individuo cos demais para intercambiar
información por medio dalgún código de signos”. Polo tanto, a comunicación non é exclusiva dos seres humanos,
pode darse tamén entre animais ou incluso entre humanos e animais.
Podemos transmitir información a través da mirada, determinados acenos...
ou incluso de maneira involuntaria (pois os nosos propios actos din moito sobre nós).
Mais a maior parte da información recibímola e emitímola a través dun sistema exclusivo
da nosa especie: a linguaxe.
Cando nos comunicamos usando métodos diferentes da linguaxe
dicimos que usamos un código non verbal; mais cando a comunicación se produce a través da linguaxe estamos a usar un código verbal.
O código non verbal é aquel que utilizamos cando nos comunicamos
sen empregar o idioma. Neste caso podemos usar outros elementos
relacionados coa lingua (a entoación, a vocalización, as repeticións... )
ou totalmente alleos a ela (a mirada, a maneira de vestirnos,
o lugar onde nos colocamos, imaxes...).
O código verbal o utilizamos cando nos comunicamos a través dun idioma
usando unidades lingüísticas (palabras que unimos para elaborar textos).
Á súa vez o código verbal podemos empregalo de dous xeitos,
dependendo do sentido co que percibamos a mensaxe: a lingua oral e a lingua escrita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario