Páxinas

09 novembro 2021

Comentario de texto

 Le este texto e contesta.

Na branca noite de inverno 

acochadiño co frío, 

envolveito no luar, 

no salgueiral chora o río.


Vocabulario:

acochado: encollido

envolveito: envolto 

luar: luz da Lúa


1. É un texto literario ou non literario? Por que?

2. O texto é unha poesía porque...

3. Cantos versos ten?

4. Cantas sílabas ten cada verso?

5. Que palabras riman?

6. Quen é o protagonista do poema?

7. Hai algunha personificación ? Escríbea.

8. A palabra salgueiral é un nome colectivo porque designa en singular varios elementos.

Que é un piñeiral ? E un souto?







Ningún comentario:

Publicar un comentario